Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Venres, 14 de agosto de 2015 Páx. 33480

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (643/2012).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 643/12 por instancia de José Cipriano Lago Verán contra o Instituto Social da Mariña, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, e a empresa O.P.D.R. Canarias, S.A., sobre xubilación, nos cales se ditou sentenza que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolución

Estímase parcialmente a demanda formulada por José Cipriano Lago Verán fronte ao Instituto Social da Mariña, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a empresa O.P.D.R. Canarias, S.A., e, en consecuencia:

– Declárase o dereito do demandante a percibir unha pensión de xubilación sobre unha base reguladora de 1.672,97 euros en catorce pagas anuais e con efectos desde o 15 de decembro de 2011 cos aumentos, melloras e revalorizacións que legalmente procedan.

– Condénase a O.P.D.R. Canarias, S.A. ao pagamento da diferenza económica da prestación que resulte entre a base reguladora cotizada de 1.627,97 euros e a de 1.614,78 euros, sen prexuízo da obriga por parte do Instituto Social da Mariña de anticipar as devanditas prestacións, sen prexuízo do seu dereito de repetición contra a empresa O.P.D.R. Canarias, S.A., con responsabilidade subsidiaria da Tesouraría Xeral da Seguridade Social.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa O.P.D.R. Canarias, S.A. expido e asino a presente.

A Coruña, 27 de xullo de 2015

A secretaria xudicial