Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Venres, 14 de agosto de 2015 Páx. 33482

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO de notificación se sentenza (1224/2014).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña-Reforzo, fago saber:

Que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 1224/2014 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Gloria Concepción Villar Rodríguez contra as empresas Asaja Galicia, Asociación de Productores de Caza de Galicia, Xestión e Aconsellamento, Aconsellamento Integral de Explotacións, Dinamización do Medio Rural, Asociación Profesional de Xóvenes Agricultores, Asociación Agraria Jóvenes Agricultores de Galicia, Asociación de Mujeres y Familias del Ámbito Rural Gallego, Asociación Profesional de Selvicultores de Galicia, Asociación Profesional de Selvicultores de España, Asociación para el Fomento de la Riqueza Forestal de Galicia, Afrifoga, Fogasa, sobre despedimento, foi ditada a sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza: 00328/2015

Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: resolución de contrato 1224/2014.

Demandante: Gloria Concepción Villar Rodríguez.

Letrado: Sra. Romero Salgado.

Demandados:

– Asaja Galicia; Xestión e Aconsellamento; Asociación de Productores de Caza de Galicia; Aconsellamento Integral de Explotacións; Dinamización do Medio Rural; Asociación Profesional de Xóvenes Agricultores; Asociación Agraria Jóvenes Agricultores de Galicia; Asociación de Mujeres y Familias del Ámbito Rural Gallego; Asociación Profesional de Selvicultores de Galicia; Asociación Profesional de Selvicultores de España; Asociación para el Fomento de la Riqueza Forestal de Galicia (Afrifoga);

Letrado:

Fogasa

Fallo:

1º. Estimo a acción sobre resolución de contrato formulada por Gloria Concepción Villar Rodríguez contra as empresas Asaja Galicia; Xestión e Aconsellamento; Asociación de Productores de Caza de Galicia; Aconsellamento Integral de Explotacións; Dinamización do Medio Rural; Asociación Profesional de Xóvenes Agricultores; Asociación Agraria Jóvenes Agricultores de Galicia; Asociación de Mujeres y Familias del Ámbito Rural Gallego; Asociación Profesional de Selvicultores de Galicia; Asociación Profesional de Selvicultores de España; Asociación para el Fomento de la Riqueza Forestal de Galicia (Afrifoga) e, en consecuencia, declaro, con data da presente sentenza, a extinción do contrato de traballo existente entre a demandante e as empresas demandadas, por causas imputables a elas, e condénoas a que aboen solidariamente á primeira a cantidade de 28.250,37 euros en concepto de indemnización.

2º. Estimo a acción acumulada de reclamación de cantidades debidas e condeno as empresas demandadas a pagaren solidariamente ao traballador, en concepto de salarios debidos, a cantidade de 22.693,46 euros.

3º. O Fogasa deberá pasar polo disposto na presente resolución.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas deixando testemuño dela no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes e advertíndolles que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Así o pronuncio, mando e asino, Javier López Cotelo, xuíz social de reforzo da Coruña.

Javier López Cotelo, asinado.

Publicada no día da súa data. Marta Yanguas del Valle, secretaria, asinado».

E para que sirva de notificación en legal forma a Asaja Galicia, e Xestión e Aconsellamento, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no DOG.

A Coruña, 21 de xullo de 2015

A secretaria xudicial