Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Venres, 14 de agosto de 2015 Páx. 33484

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 11 de agosto de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se anuncia a licitación, documentalmente simplificada e suxeita a regulación harmonizada, da subministración, mediante a modalidade de arrendamento financeiro leasing, con opción de compra, dun total de oitenta e catro (84) vehículos con destino á Xunta de Galicia, dividida en dous lotes, polo procedemento aberto, tramitación ordinaria e adxudicación baseada en multicriterios.

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención da documentación e información:

1º. Dependencia: Secretaría Xeral Técnica.

2º. Domicilio: Complexo Administrativo San Caetano, bloque nº 1, 2º andar.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

4º. Teléfono: información de índole técnica: 981 54 42 85 e información de índole administrativa: 981 54 42 59 e 981 54 45 17.

5º. Telefax: 981 54 42 39.

6º. Correos electrónicos:

natalia.lobato.mosquera@xunta.es ; manuel.perez.gonzalez@xunta.es ou

emilio.jose.iglesia.lema@xunta.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23190

8º. Data límite da obtención de documentación e información: 18 de setembro de 2015, ás 14.00 horas.

d) Número do expediente: 2015-SUSE 02-AMP.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de subministracións.

b) Descrición: arrendamento, na modalidade de leasing, dun total de oitenta e catro vehículos con destino á Xunta de Galicia.

c) División por lotes e número de lotes: si, dous lotes.

Lote 1: adquisición de 72 vehículos para a renovación do parque móbil existente na Xunta de Galicia.

Lote 2: adquisición de 12 vehículos tipo todoterreo 4x4 para o uso da Unidade da Policía Nacional adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia.

d) Lugar de execución: o indicado na letra M da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.

e) Prazo de execución: 48 meses (47 cotas mensuais, máis dúas cotas quincenais ao inicio e ao final do contrato, máis unha cota residual final de opción de compra) contados a partir do día seguinte ao da data da sinatura da acta de entrega da totalidade dos novos vehículos á cal se fai referencia na letra M da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.

f) Admisión de prórroga: non.

g) CPV: 66114000-2. Servizos de arrendamento financeiro.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria e suxeita a regulación harmonizada.

b) Procedemento: aberto e documentalmente simplificado.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: os establecidos na letra J da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.

4. Valor estimado do contrato: 1.497.060,60 €.

5. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 1.494.651,18 €.

Importe total: 1.808.527,93 € (incluído o valor en especie dos vehículos que se entregan). Desagregado por lotes do seguinte xeito:

Lote 1: importe sen IVE: 1.267.120,52 €. Importe IVE (21 %): 266.095,31 €. Total: 1.533.215,83 €.

Lote 2: importe sen IVE: 227.530,66 €. Importe IVE (21 %): 47.781,44 €. Total: 275.312,10 €.

6. Garantías exixidas.

Provisional: non se exixe.

Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, IVE excluído.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia: económica e financeira: deberá xustificarse polos medios sinalados na letra F da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.

Solvencia técnica e profesional: deberá xustificarse polos medios sinalados na letra G da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: 19 de setembro de 2015, ás 14.00 horas.

b) Modalidade de presentación: directamente no lugar indicado na letra c) deste punto. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama, fax ou burofax o mesmo día. O número de fax é o 981 54 42 39

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Oficina de Rexistro Xeral e Información á Cidadanía do Complexo Administrativo San Caetano.

2º. Domicilio: Complexo Administrativo San Caetano.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Admisión de variantes: non procede.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses a contar dende a data de apertura das proposicións.

9. Apertura de ofertas.

a) Lugar: sala de xuntas D do complexo administrativo de San Caetano. Edificio da Pirámide.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, Soto.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Data e hora: terá lugar en acto público ás 12.00 horas do día 29 e setembro de 2015.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 11 de agosto de 2015.

12. Outra información: o presente contrato posibilitará a renovación do parque móbil existente, en atención a criterios de eficiencia e racionalización da xestión pública que se basean na substitución de vehículos cunha antigüidade e unha quilometraxe media de 12 anos e 250.000 quilómetros, respectivamente, e que, en definitiva, comportará unha redución de preto do 10 % do parque existente, así como unha minoración dos gastos anuais en mantemento superior ao 18 %.

Santiago de Compostela, 11 de agosto de 2015

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza