Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Venres, 14 de agosto de 2015 Páx. 33489

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 22 de xullo de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se emprazan os interesados nos recursos contencioso-administrativos P.O. 4632/2013, interposto por Starco, S.A.; P.O. 4642/2013, interposto por Promotora de Vivendas Urbanas, S.L.; P.O. 4643/2013, interposto por Francisco Chas Montaña; P.O. 4673/2013, interposto por Mopesa, S.A., e P.O. 4644/2013, interposto pola Xunta de Compensación do sector 2 San Pedro de Visma, contra a Resolución do 25 de febreiro de 2013, sobre aprobación definitiva do Plan xeral de ordenación municipal da Coruña.

Nesta secretaría xeral recibiuse escrito do presidente da Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en relación cos recursos contencioso-administrativos P.O. 4632/2013, interposto por Starco, S.A.; P.O. 4642/2013, interposto por Promotora de Vivendas Urbanas S.L., P.O. 4643/2013 interposto por Francisco Chas Montaña; P.O. 4673/2013, interposto por Mopesa, S.A.; e P.O. 4644/2013, interposto pola Xunta de Compensación do sector 2 San Pedro de Visma, contra a Resolución do 25 de febreiro de 2013, sobre aprobación definitiva do PXOM da Coruña.

Para os efectos de cumprir o solicitado no citado escrito, faise constar que o expediente xa foi remitido por esta secretaría á Sección Segunda do Tribunal Superior de Xusticia de Galicia.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, emprazándoas para que poidan comparecer como demandados nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 22 de xullo de 2015

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas