Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Venres, 14 de agosto de 2015 Páx. 33479

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (1095/2012).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 1095/12 por instancia de Daniel Pais Rey contra a Empresa Zozo, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre cantidade, nos cales se ditou sentenza o 20.7.2015 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolución:

Estímase a demanda formulada por Daniel Pais Rey fronte á empresa Zozo, S.L. con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia, condénase a empresa Zozo, S.L. a aboar ao demandante a cantidade de cinco mil setecentos oitenta e tres euros con nove céntimos de euro (5.783,09 euros).

Notifíquese a resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Zozo, S.L. expido e asino este edicto.

A Coruña, 27 de xullo de 2015

A secretaria xudicial