Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Venres, 14 de agosto de 2015 Páx. 33478

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (527/2012).

Eu, Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento de seguridade social 527/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Antonio Calvo Rey contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Ibermutuamur, Citroën Luis Rodríguez Amado, S.A., sobre seguridade social, se ditou sentenza do 22.047.2015 contra a cal se pode interpor recurso de suplicación no prazo de cinco días e que no dito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro da resolución.

Para que sirva de notificación en legal forma a Citroën Luis Rodríguez Amado, S.A., expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 24 de xullo de 2015

O secretario xudicial