Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Venres, 14 de agosto de 2015 Páx. 33476

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (747/2014).

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento de recurso de suplicación 747/2014 desta sección, seguido por instancia da Tesouraría Xeral da Seguridade Social contra Andrea Poledna, Yaneth Torrado Arevalo, Agnieszka Girejko, Lilian Rocío Pico Martínez, Janete Lopez Pimentel, Cleice Marinho de Souza sobre outros dereitos laborais, se ditou a seguinte resolución:

Dilixencia de ordenación da secretaria xudicial María Isabel Freire Corzo.

A Coruña, 27 de xullo de 2015.

O anterior escrito presentado polo letrado da Administración da Seguridade Social en nome e representación da Tesouraría Xeral da Seguridade Social, únese ao recurso da súa razón. Tense por preparado o recurso de casación para unificación de doutrina e concédese á parte recorrente o prazo de quince días para interpoñer o recurso ante esta sala. Fágaselle saber que os autos se encontran á súa disposición na oficina xudicial para a súa entrega ou exame, se o considera necesario, e que deberá sinalar un domicilio para notificacións na sede do Tribunal Supremo, salvo que xa o designase.

Requírase a recorrente para que achegue no momento de interposición do recurso, certificación das sentenzas que invoca con expresión da súa firmeza.

Líbrese edicto ao Diario Oficial de Galicia para a notificación da presente resolución a Girejko Agnieszka, Poledna Andre, Marinho de Souza Cleice, Pico Martínez, Llian Rocío e López Pimentel, Janete.

Así mesmo, comunícase a recorrente que non é necesario presentar o xustificante do ingreso das taxas xudiciais ao interpoñer o recurso, ao non estar suxeito ao pagamento delas, o recurso de casación para unificación de doutrina, segundo interpretación vinculante da Axencia Tributaria (Consulta nº V3674-13).

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que contra esta resolución non cabe recurso ningún sen prexuízo de que a parte contra a que se recorre poida opoñerse á admisión do recurso ao comparecer ante o Tribunal Supremo.

Acórdoo e asínoo. Dou fe.

E, para que sirva de notificación en legal forma a Girejko Agnieszka, Poledna Andre, Marinho de Souza Cleice, Pico Martínez, Llian Rocío e López Pimentel, Janete, en ignorado paradoiro, expido esta para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 27 de xullo de 2015

A secretaria xudicial