Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Venres, 14 de agosto de 2015 Páx. 33474

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (437/2014).

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sección Primeira da Sala Segunda do Social del Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento de recurso de suplicación 437/2014 desta sección, seguido por instancia de Tesouraría Xeral da Seguridade Social contra Rosilda Rocha dos Santos, Gloriene Machado da Silveira sobre outros dereitos laborais, se ditou a seguinte resolución:

«Que desestimando o recurso de suplicación interposto pola TXSS contra a sentenza do Xulgado do Social número 3 de Ourense, de data 5 de novembro de 2013, en autos 582/2013 en procedemento de oficio, confirmamos a resolución de instancia.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas deste T.S.X. Galicia, Sala do Social.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que debe prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37 seguida do catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo»

E, para que sirva de notificación en legal forma a Gloriene Machado da Silveira, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no DOG.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 21 de xullo de 2015

A secretaria xudicial