Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Xoves, 13 de agosto de 2015 Páx. 33272

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (PO 536/2014).

Procedemento ordinario 536/2014

Sobre ordinario

Demandantes: Carmen María Cristina Zas Pena, Ángeles Guerra Novo

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 536/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Carmen María Cristina Zas Pena y Ángeles Guerra Novo contra Confecciones Guerral, S.A., Texguesa, S.L., Fondo de Garantía Salarial, sobre reclamación de cantidades, foi ditada a sentenza, cuxa parte dispositiva di:

«Tense por desistido da demanda que en materia de cantidade foi interposta por Carmen María Cristina Zas Pena e Ángeles Guerra Novo, contra a entidade Confecciones Guerral, S.A.

Debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Carmen María Cristina Zas Pena e Ángles Guerra Novo contra a entidade Texguesa, S.L.; en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Texguesa, S.L. a aboar ás demandantes as cantidades seguintes:

A Carmen María Cristina Zas Pena a cantidade de 7.912,31 € brutos por pagas extras de marzo, xullo e Nadal de 2012, 2013 e 2014, febreiro de 2014, a compensación económica polas vacacións non desfrutadas no ano 2013 e 2014, así como as diferenzas por atrasos de convenio, entre 2010 e 2014.

A Ángeles Guerra Novo a cantidade de 8.756 € brutos por pagas extras de marzo, xullo e Nadal de 2012, 2013 e 2014, febreiro de 2014, a compensación económica polas vacacións non desfrutadas no ano 2013 e 2014, así como as diferenzas por atrasos de convenio, entre 2010 e 2014.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpooren contra esta sentenza recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación. Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Texguesa, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia.

Advírtese ao destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 29 de xullo de 2015

A secretaria xudicial