Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Xoves, 13 de agosto de 2015 Páx. 33274

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña

EDICTO (944/2014).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 944/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Alejandro Martín Álvarez Espindola contra Albealia Inversiones, S.L., Albealia Restauración Coruña 1, S.L. e o Fogasa, sobre ordinario, ditouse sentenza o día 22 de xullo de 2015 cuxa resolución é do seguinte teor literal:

«Resolución.

Estimo a demanda formulada por Alejandro Martín Álvarez Espindola fronte ás empresas Albealia Inversiones, S.L. e Albealia Restauración Coruña 1, S.L. e, en consecuencia, condeno estas a pagarlle solidariamente ao primeiro a suma de 3.663,85 euros en concepto de cantidades salariais debidas.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas deixando testemuño desta no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela se poderá interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Así o pronuncio, mando e asino, Javier López Cotelo».

Para que conste e se publique no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación ás empresas demandadas Albealia Inversiones, S.L. e Albealia Restauración Coruña 1, S.L., co apercibimento de que as sucesivas notificacións se realizarán no taboleiro de anuncios do xulgado salvo as que revistan a forma de emprazamentos, sentenzas e autos, expido e asino este edicto.

A Coruña, 23 de xullo de 2015

O secretario xudicial