Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Xoves, 13 de agosto de 2015 Páx. 33275

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña

EDICTO (38/2015).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 38/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Antonio González Fernández contra Caramés Seoane, S.L. e o Fogasa, sobre despedimento, ditouse sentenza o día 22 de xullo de 2015 cuxa resolución é do seguinte teor literal:

«Resolución.

1º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por José Antonio González Fernández fronte á empresa Caramés Seoane, S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e condeno a demandada a que readmita inmediatamente o traballador nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento, ou ben, a elección da empresa, á extinción da relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo desta resolución. Todo iso con aboamento, no caso de opción pola readmisión, dos salarios de tramitación que non percibise ata a notificación da presente sentenza.

A devandita opción deberá exercerse en cinco días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o devandito termo sen que se tivese optado, entenderase que procede a readmisión.

2º. A indemnización e os salarios de tramitación que debe aboar a empresa demandada, segundo o disposto no número anterior, son os seguintes:

– En concepto de indemnización, e de optar a empresa por ela, a cantidade de 34.164 euros.

– En concepto de salarios de trámite, para o caso de opción pola readmisión, os deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a notificación da presente sentenza, calculados a razón de 47,45 euros/día.

3º. O Fogasa deberá avirse ao resolto na presente resolución.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas deixando testemuño dela no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela se poderá interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Así o pronuncio, mando e asino, Javier López Cotelo, xuíz social de reforzo da Coruña».

Para que conste e se publique no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación á empresa demandada Caramés Seoane, S.L., co apercibimento de que as sucesivas notificacións se realizarán no taboleiro de anuncios do xulgado salvo as que revistan a forma de emprazamentos, sentenzas e autos, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 23 de xullo de 2015

A secretaria xudicial