Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Xoves, 13 de agosto de 2015 Páx. 33277

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 de Reforzo da Coruña

EDICTO (873/2014).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña (reforzo), fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 873/2014 deste xulgado do social, seguidos por instancia de María Angélica Lago Arias contra a empresa Línea Futurex Avance, S.L., o Fondo de Garantía Salarial e a administración concursal de Línea Futurex Avance, S.L., sobre despedimento, ditouse auto de aclaración de sentenza, ditada nos presentes autos o 26.3.2015, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«No encabezamento da sentenza ditada no presente procedemento, onde di “26 de marzo de 2014” debe de dicir “26 de marzo de 2015”.

Contra esta resolución non cabe recurso ningún.

Así o pronuncia, manda e asina, Javier López Cotelo, xuíz do Xulgado de Reforzo da Coruña.

Javier López Cotelo, asinado.»

E para que sirva de notificación en legal forma a Línea Futurex Avance, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 23 de xullo de 2015

A secretaria xudicial