Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Xoves, 13 de agosto de 2015 Páx. 33269

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (29/2013).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número 3, en substitución do secretario do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 29/2013 pot instancia de Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra Victoria, C.B., o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, sobre seguridade social, nos cales se ditou auto de aclaración da sentenza o 20.7.2015 que, copiado nos particulares necesarios, di así:

«Auto

Maxistrado xuíz: Nicolás Emilio Pita Lloveres.

Na Coruña a vinte de xullo de dous mil quince.

Antecedentes de feito:

Primeiro. Que con data do 12.5.2015 se ditou sentenza nos presentes autos, pola que se admitía a demanda interposta pola Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo.

Segundo. Que a representación da Mutua Gallega presentou escrito o 9.7.2015 en que solicitaba a aclaración da sentenza en canto aos particulares que se especifican no devandito escrito.

Fundamento de dereito único

De conformidade co que establece o artigo 267 da Lei orgánica do poder xudicial, que dispón: “Os xuíces e tribunais non poderán variar as sentenzas e autos definitivos que pronuncien despois de asinados, pero si aclarar algún concepto escuro ou suplir calquera omisión que conteñan. Os erros materiais manifestos e os aritméticos poderán ser rectificados en calquera momento. Estas aclaracións ou rectificacións poderán facerse de oficio dentro do día hábil seguinte ao da publicación da sentenza, por instancia de parte ou do Ministerio Fiscal.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva

A súa señoría acorda: procede a aclaración solicitada.

E, en consecuencia, o feito probado segundo e o primeiro parágrafo da resolución da sentenza quedarán do teor literal seguinte:

Feitos probados:

Primeiro. En data do 21 de xuño de 2005 a empresa Victoria, C.B. subscribiu convenio de asociación coa Mutua Gallega para a cobertura da prestación económica por incapacidade temporal derivada de continxencias comúns do persoal da súa empresa.

Segundo. A empresa Victoria, C.B. incorre nos seguintes descubertos: ano 2008 setembro, outubro e novembro. Ano 2009, xaneiro, febreiro, abril, maio, xuño, xullo e outubro. Ano 2010, febreiro, marzo, xuño e setembro.

Terceiro. A mutua procede ao aboamento (pagamento delegado) da IT sufrida pola traballadora da empresa Victoria, C.B., Patricia Cádiz, por importe de 942,10 euros.

Cuarto. A mutua demanda interpón, o 2 de novembro de 2012, reclamación previa ante o INSS solicitando que se declare a responsabilidade directa empresarial por descubertos, sen que conste contestación da entidade xestora.

Resolución

Estímase a demanda interposta por Mutua Gallega fronte á empresa Victoria, C.B. e ao Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e, en consecuencia, condénase a empresa Victoria, C.B. a aboar á Mutua Gallega como responsable directa a cantidade de novecentos corenta e dous euros con dez céntimos de euro (942,10 euros).

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela non cabe recurso de suplicación por razón da contía, sen prexuízo dos demais motivos previstos no artigo 191 da LRXS.

A competencia para coñecer o recurso de suplicación corresponderá, se é o caso, ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, debendo anunciarse este neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

Así o acorda e asina a súa señoría. Dou fe.

O maxistrado xuíz O secretario xudicial»

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Victoria, C.B. expido e asino a presente.

A Coruña, 24 de xullo de 2015

O secretario xudicial