Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Luns, 10 de agosto de 2015 Páx. 32845

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 17 de xullo de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador por infracción na orde social 98/2009.

De conformidade co establecido nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á empresa relacionada no anexo a resolución recaída no expediente sancionador por infracción na orde social (materia seguridade e saúde), devolto polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, esta non se puido efectuar.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, o interesado poderá interpor recurso de alzada, ante a directora xeral de Traballo e Economía Social no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de acordo co establecido nos artigos 48 e 115.1 da Lei 30/1992, sen prexuízo de que poida exercer calquera outro recurso que considere pertinente.

O interesado durante este prazo poderá presentarse ante o Servizo de Traballo e Economía Social da Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar en Lugo, situado na rolda da Muralla, 70, baixo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer integramente o contido da resolución.

Advírteselle que de non ser interposto o recurso en tempo e forma, a resolución adquirirá firmeza.

Lugo, 17 de xullo de 2015

Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Empresa

Enderezo

NIF

Expediente

Preceptos

Data da resolución

Infrinxidos

Sancionadores

Mármoles Traseira, S.L.

Polígono industrial Louzaneta, s/n, As Arieiras, Lugo

B27113828

98/2009

Artigos 30.1, 31.1, 22.1, 16.2 a) e 19.1 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais

Artigos 12.15.a), 12.2 e 12.1.b) do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei de infraccións e sancións na orde social

1 de abril de 2015