Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Luns, 10 de agosto de 2015 Páx. 32843

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 17 de xullo de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se fan públicos os acordos de procedencia de reintegro das axudas pola transformación de contratos temporais en indefinidos, reguladas na Orde do 21 de marzo de 2011 (Diario Oficial de Galicia do 28 de marzo), relativa aos expedientes TR348B 2011/22-2 e 2011/304-2.

Intentada a notificación destes acordos, segundo o disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselles ás interesadas o contido das resolucións que figuran como anexo para que poidan ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselles saber o dereito que as asiste para interpoñeren recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, ante a Sala do Contencioso- Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, así como, con anterioridade e con carácter potestativo, poderán interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante esta xefatura territorial. Todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lémbraselles tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na rolda da Muralla, nº 70, baixo, en Lugo, e a obter, se é o caso, copia deste acordo, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Lugo, 17 de xullo de 2015

Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: TR348B 2011/22-2.

Nome: Limpiezas Lucus, S.L.

DNI/NIF: B27395896.

Axuda: subvención pola transformación de contratos temporais en indefinidos.

Último enderezo coñecido: rolda da Muralla, 188, entresollado, 27002 Lugo.

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo a persoa subvencionada durante un período de tres anos desde a data de realización da contratación.

Precepto infrinxido: base sétima, número 1, anexo B, da orde de convocatoria.

Contido da resolución: acordo da procedencia de reintegro da axuda.

Nº de expediente: TR348B 2011/304-2.

Nome: Servicios Sanitarios Mar Cantábrico, S.L.

DNI/NIF: B27386622.

Axuda: subvención pola transformación de contratos temporais en indefinidos.

Último enderezo coñecido: rúa Trapero Pardo, 14, 27780 Foz (Lugo).

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo a persoa subvencionada durante un período de tres anos desde a data de realización da contratación.

Precepto infrinxido: base sétima, número 1, anexo B, da orde de convocatoria.

Contido da resolución: acordo da procedencia de reintegro da axuda.