Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Luns, 10 de agosto de 2015 Páx. 32841

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 16 de xullo de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se fan públicos os acordos de procedencia de reintegro das axudas pola contratación indefinida inicial, reguladas na Orde do 4 de maio de 2010 (Diario Oficial de Galicia do 7 de maio), relativa aos expedientes TR348A 2010/70-2 e 2010/245-2.

Intentada a notificación destes acordos segundo o disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselles aos interesados o contido das resolucións que figuran como anexo, para que poidan ter coñecemento delas.

Así mesmo, fáiselles saber o dereito que os asiste para interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, ante a Sala do Contencioso- Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, así como, con anterioridade e con carácter potestativo, poderán interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante esta xefatura territorial, todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lémbraselles tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na rolda da Muralla, nº 70 baixo, en Lugo, e a obter, se é o caso, copia deste acordo, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Lugo, 16 de xullo de 2015

Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: TR348A 2010/70-2.

Nome: Marlen Fca. González Sánchez.

DNI/NIF: 34281322Y.

Axuda: subvención pola contratación indefinida inicial.

Último enderezo coñecido: Valboa, Trasliste, 9. 27367 Láncara (Lugo).

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo a persoa subvencionada durante un período de tres anos desde a data de realización da contratación.

Precepto infrinxido: base sétima, punto 1, anexo A da orde de convocatoria.

Contido da resolución: acordo da procedencia de reintegro da axuda.

Nº de expediente: TR348A 2010/245-2.

Nome: Jil, C.B.

DNI/NIF: B27404227.

Axuda: subvención pola contratación indefinida inicial.

Último enderezo coñecido: rúa Ramón Cabanillas, 2, planta baixa. 27600 Sarria (Lugo).

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo a persoa subvencionada durante un período de tres anos desde a data de realización da contratación.

Precepto infrinxido: base sétima, punto 1, anexo A da orde de convocatoria.

Contido da resolución: acordo da procedencia de reintegro da axuda.