Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos por resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificado pola Lei 4/1999, polo presente anuncio notifícaselles ás empresas relacionadas no anexo as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores na orde social.
O texto íntegro das resolucións poderán consultarse nas dependencias da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, situada no Edificio Administrativo de San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela; no prazo de dez días contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido este prazo, consideraranse notificadas as actuacións.
Faise saber que a dita resolución remata a vía administrativa e o interesado poderá impugnala ante os xulgados sociais, no prazo de dous meses contados desde a súa publicación, de acordo co disposto nos artigos 2.n) e 6.2.b) da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.
Advírtese que terán que aboar a multa imposta mediante a necesaria utilización do impreso que poderán solicitar na correspondente xefatura territorial da Consellería de Traballo e Benestar, no número de conta, na entidade bancaria e prazo que nel se sinala, dentro do prazo de pagamento do período voluntario, xa que, noutro caso, se incoará o procedemento pola vía de constrinximento.
Santiago de Compostela, 16 de xullo de 2015
Carmen Bouso Montero
Directora xeral de Traballo e Economía Social