Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Venres, 31 de xullo de 2015 Páx. 31965

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (442/2012).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Mohamed Mouas contra Prevencon Seguridad Integral e UTE Isolux-Corsan e Copcisa, en reclamación por ordinario, rexistrado co nº procedemento ordinario 442/2012, se acordou, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da LXS, citar a Prevencon Seguridad Integral, S.L.U., en ignorado paradoiro, co fin de que compareza o día 15.9.2015 ás 12.00 horas, na planta baixa, sala 1, edificio rúa Berlín, para a celebración dos actos de conciliación e, de ser o caso, xuízo. Poderá comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e deberá acudir con todos os medios de proba de que intente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Requírese a Prevencon Seguridad Integral, S.L.U. para que achegue os documentos solicitados no escrito de demanda no punto segundo, documental, subalíneas a), b), c), d), e), f) e g) que se dan por reproducidos, coa advertencia de que, de non o facer, poderán considerarse probadas as alegacións feitas pola parte contraria en relación coa proba acordada (artigo 94 da LXS).

De ser o caso, sen que isto signifique a admisión da proba proposta polo demandante, xa que este deberá propoñela e, de ser o caso, o/a xuíz/a admitila no acto de xuízo (artigo 87 da LXS).

En caso de que pretenda comparecer no acto de xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, porá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo co obxecto de que, unha vez trasladada esta intención ao demandante, poida este estar representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de se valer no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

Así mesmo, notifícaselle á dita empresa o decreto do 6 de setembro de 2013, que é do teor literal seguinte e fáiselle saber que ten copia da demanda neste órgano xudicial ao seu dispor:

Decreto.

Secretaria xudicial Susana Varela Amboage.

Santiago de Compostela, 6 de setembro de 2013.

Antecedentes de feito:

Primeiro. Esta demanda foi remitida a este xulgado do social.

Fundamentos de dereito:

Único. Examinados os requisitos formais desta demanda, procede a súa admisión, de conformidade co disposto no artigo 81 da LPL.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación.

Parte dispositiva:

Acordo admitir a demanda presentada e, existindo numerosos asuntos da mesma índole e outros de carácter preferente pendentes de celebración de xuízo, acordarase en canto ao seu sinalamento, quedando os autos en espera.

Notifíquese a ambas as partes a presente resolución e fágaselles entrega de copia da demanda ás partes demandadas.

Modo de impugnación. Mediante recurso de reposición que se deberá interpor no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación ante o/a secretario xudicial que dita esta resolución, con expresión da infracción que esta contén a xuízo do recorrente.

O/A secretario/a xudicial.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de citación a Prevencon Seguridad Integral S.L.U., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios deste órgano xudicial.

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2015

A secretaria xudicial