Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Venres, 31 de xullo de 2015 Páx. 31964

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (321/2013) .

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dá fe e certifica que neste xulgado se seguen autos número 321/2013 por instancia de Manuel Joaquín Trillo contra a empresa Maceiras y Esmorís, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial sobre cantidade, en que recaeu sentenza con data do 6.7.2015 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Decisión estímase a demanda formulada por Manuel Joaquín Trillo Graiño fronte á empresa Maceiras y Esmoris, S.L., o seu administrador concursal, con intervención do Fogasa e, en consecuencia:

– Condénase a empresa Maceiras y Esmoris, S.L. a aboar ao demandante a cantidade de nove mil oito euros con oitenta e seis céntimos de euro (9.008,86 euros), vinculando tales cantidades ao administrador concursal.

Notifíquese a resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución bastando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia a fin de que sirva de notificación en forma á empresa Maceiras Y Esmorís, S.L. expido e asino este edicto.

A Coruña, 13 de xullo de 2015

A secretaria xudicial