Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Venres, 31 de xullo de 2015 Páx. 31963

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (311/2012).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dá fe e certifica que neste xulgado se seguen autos número 311/2012 por instancia de Javier Loureiro Esmorís contra a empresa Estecno, S.L., Copcisa (desistida) e Ute Chuac (desistida) sobre cantidade, en que recaeu sentenza en data do 1 de xullo de 2015 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Decisión:

Estímase a demanda formulada por Carlos Javier Loureiro Esmoris fronte ás empresas Estecno, S.L., Copcisa (desistida) e Ute Chuac (desistida) e, en consecuencia:

– Condénase a empresa Estecno, S.L. a aboar ao demandante a cantidade de mil seiscentos trinta e un euros con dezaoito céntimos de euro (1.631,18 euros) devindicando os conceptos salariais o xuro moratorio do 10 %.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso de suplicación por razón da contía, sen prexuízo dos demais motivos previstos no artigo 191 da LRXS.

A competencia para coñecer o recurso de suplicación corresponderá, se é o caso, ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo de los cinco días seguintes á notificación desta resolución bastando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social, ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia a fin de que sirva de notificación en forma á empresa Estecno, S.L. expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 13 de xullo de 2015

A secretaria xudicial