Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Venres, 31 de xullo de 2015 Páx. 31968

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (25/2015).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 25/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Sonia Sexto Salmonte contra Centyc Europa, S.L., Mantenimiento Integral de Voz y Datos del Noroeste, S.L., Jesús Daniel García Calvo, Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

Decreto número 394/2015.

Secretaria xudicial María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2015.

Antecedentes de feito.

Primeiro. Sonia Sexto Salmonte presentou demanda de execución fronte a Centyc Europa, S.L., Mantenimiento Integral de Voz y Datos del Noroeste, S.L., Jesús Daniel García Calvo e Fondo de Garantía Salarial.

Segundo. Ditouse auto en que se despachaba execución con data do 16.3.2015 por un total de 15.585,72 euros de principal (indemnización por despedimento improcedente), máis outros 1.558,58 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Terceiro. Das actuacións practicadas obtívose a cantidade de 15,21 euros que se embargaron a Jesús Daniel García Calvo, polo que se reduciron as cantidades pendentes de satisfacción á suma de 15.570,51 euros de principal (indemnización) e 1.558,58 euros en concepto de xuros e custas. Deuse audiencia ao Fondo de Garantía Salarial tras o resultado negativo do resto de indagacións realizadas.

Fundamentos de dereito.

Único. Dispoñen os artigos 250 e 276 da LXS que, de non se ter coñecemento da existencia de bens suficientes do executado en que facer traba e embargo, se practicarán as indagacións procedentes e, de seren infrutuosas, total ou parcialmente, a secretaria xudicial da execución ditará decreto de insolvencia tras oír o Fondo de Garantía Salarial e a parte demandante.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva.

Acordo:

a) Declarar os executados Centyc Europa, S.L. (CIF B15735319), Mantenimiento Integral de Voz y Datos del Noroeste, S.L. (CIF B70247564), Jesús Daniel García Calvo (DNI 33254447-N) en situación de insolvencia parcial por importe de 15.570,51 euros de principal (indemnización) e 1.558,58 euros en concepto de xuros e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se no sucesivo se coñecen novos bens do executado.

c) Unha vez firme a presente resolución, inscribila no rexistro correspondente.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas ata que non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que deberá interpoñerse ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles seguintes á notificación desta, con expresión da infracción cometida nesta a xuízo do recorrente (artigo 188 da LXS).

O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario de réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, na conta nº 0049 3569 9200 0500 1274, aberta no Banco de Santander, S.A., debendo indicar, no campo concepto, a indicación «recurso» seguida do código «31 Social-Revisión de resolucións secretario xudicial». Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo coa indicación «recurso» seguida do «31 Social-Revisión de resolucións secretario xudicial». Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A secretaria xudicial.

E para efectos de dar a procedente publicidade á declaración de insolvencia do executado Jesús Daniel García Calvo (DNI 33254447-N), en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de xullo de 2015

A secretaria xudicial