Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Mércores, 29 de xullo de 2015 Páx. 31659

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Vilagarcía de Arousa

EDICTO (492/2014).

Familia, garda, custodia, alimentos fillo menor non matri. non C. 492/2014

Sobre outros familia incidentes

Demandante: Marta Sofia Lorenz

Procurador: Manuel Francisco Abalo Villaverde

Demandado: Daniel Andrezj Drabek

Eu, Luis Fernández-Arias González, secretario xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Vilagarcía de Arousa, fago saber que en virtude do acordado nos autos de referencia, e de conformidade co disposto nos artigos 156.4 e 164 da Lei de axuizamento civil por medio deste edicto notifícaselle a Daniel Andrezj Drabek a sentenza do día de hoxe, ditada nestes autos e cuxa decisión é do teor literal seguinte:

III. Decido:

Estimo parcialmente a demanda interposta polo procurador Sr. Abalo Villaverde, en nome e representación de Marta Zofia Lorenz, e acordo as seguintes medidas:

1ª. A patria potestade será exercida de forma conxunta por ambos os dous proxenitores e establécese a prohibición ao pai de sacar a súa filla menor de idade fóra de España, sen o consentimento da nai ou autorización xudicial.

2ª. A atribución da garda e custodia á nai Marta Zofia Lorenz.

3ª. Non procede neste momento fixar ningún réxime de visitas da menor co seu pai, sen prexuízo de que este poida instar o seu dereito nun procedemento posterior acreditando as súas circunstancias persoais.

4ª. O pai deberá aboar en concepto de pensión alimenticia a favor da filla menor de idade a cantidade de 120 euros mensuais. Estas sumas deberán actualizarse conforme o incremento que experimente o IPC que publique o INE ou organismo oficial que o poida substituír, tomando de referencia o mes de presentación deste escrito de solicitude. Estas cantidades ingresaranse por mensualidades anticipadas dentro dos cinco primeiros días de cada mes na conta que a demandante determine para estes efectos.

5ª. Os gastos extraordinarios relacionados cos menores aboaranse por metade. O proxenitor non custodio realizará o ingreso destas cantidades na mesma conta que a sinalada para a pensión de alimentos. Merecerán a consideración de gastos extraordinarios entre outros os derivados da atención do dito fillo menor de idade en sanidade privada por enfermidades, o custo pola adquisición ou uso de próteses, o custo doutras actividades médicas ou cirúrxicas non cubertas pola Seguridade Social e os gastos farmacéuticos inherentes a elas ou calquera outro similar, incluída a matricula, se é o caso, e nun futuro en universidades privadas, etc. e, por fin, calquera de análoga natureza aos antes descritos sempre que non fosen expresamente previstos ao fixar de maneira previa a contía da pensión de alimentos.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución en legal forma, instruíndoas de que contra ela se pode interpoñer recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial de Pontevedra, dentro do prazo de cinco días seguintes ao da súa notificación.

Así o acorda, manda e asina o xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Vilagarcía de Arousa.

Vilagarcía de Arousa, 7 de xullo de 2015

O secretario xudicial