Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Mércores, 29 de xullo de 2015 Páx. 31661

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (388/2014).

Xulgado do Social número 5 da Coruña

Procedemento ordinario 388/2014

Demandante: Domingo Manuel Formoso Senande

Avogada: Cristina Augusta Gómez Lozano

Demandada: Limco Sociedad Cooperativa Gallega

Eu, María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 388/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Domingo Manuel Formoso Senande contra Limco Sociedad Cooperativa Gallega, sobre reclamación de cantidade, se ditou sentenza cuxa resolución di que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Domingo Manuel Formoso Senande contra a entidade Limco Sociedad Cooperativa Gallega e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Limco Sociedad Cooperativa Gallega a que lle aboe ao demandante a cantidade de 1.443,98 € brutos, por salarios devindicados en abril de 2013, así como parte proporcional de pagas extras de verán e Nadal do memo ano, e a compensación económica polas vacacións non desfrutadas, incrementadas no xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe interpor ningún recurso.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Para que lle sirva de notificación en legal forma a Limco Sociedad Cooperativa Gallega, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 10 de xullo de 2015

A secretaria xudicial