Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Mércores, 29 de xullo de 2015 Páx. 31657

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo

EDICTO (766/2014).

Sarai Paniagua Acera, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo, certifico que neste xulgado se tramitan autos arriba referenciados nos cales se ditou a seguinte:

Sentenza 282.

Vigo, vinte e oito de abril de dous mil quince.

María del Carmen Salvador Mateos, maxistrada xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo e o seu partido, viu os autos seguidos neste xulgado baixo número 766/2014 sobre disolución por matrimonio por divorcio, actuando como demandante Olaya Pardo Ferrer, representada pola procuradora dos tribunais Olga María Veiga Silva e con asistencia letrada de Eugenia Melgar Conde, contra Aniceto Fernández de Carvalho, declarado en situación de rebeldía procesual, e no cal interveu o Ministerio Fiscal, sobre a base dos seguintes:

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito).

Decisión:

Na demanda interposta pola procuradora dos tribunais Sra. Veiga Silva, en nome e representación de Olaya Pardo Ferrer, contra Aniceto Fernández de Carvalho, declarado en situación de rebeldía procesual e no cal interveu o Ministerio Fiscal, declaro disolto, por divorcio, o matrimonio formado os referidos cónxuxes, cos efectos legais inherentes á dita declaración, realizando os seguintes pronunciamentos:

Primeiro. A garda e custodia dos fillos menores atribúeselle á Sra. Pardo Ferrer, quen exercerá en exclusiva a patria potestade dos menores.

Segundo. O Sr. Fernández de Carvalho poderá relacionarse cos seus fillos cando ambos os dous proxenitores así o decidan de mutuo acordo en interese daqueles, e en defecto de acordo, nos termos establecidos no fundamento de dereito cuarto da presente resolución.

Terceiro. O Sr. Fernández de Carvalho satisfará en concepto de alimentos para os seus fillos a cantidade de 300 euros mensuais, que se ingresarán na conta corrente que para o efecto designe a nai dentro dos cinco primeiros días de cada mes e que se actualizará anualmente conforme a variación que experimente o índice de prezos de consumo.

Por outro lado, ambos os dous proxenitores satisfarán por metade os gastos médicos non cubertos pola Seguridade Social, así como os demais gastos extraordinarios que xeran os fillos, entre os cales non se inclúen matrícula, comedor e transporte escolar, libros de texto e material escolar, uniforme nin actividades extraescolares.

Non se fai expresa imposición de custas.

Unha vez que sexa firme esta resolución, comuníqueselle ao Rexistro Civil onde conste a inscrición do matrimonio co fin de que se proceda á súa anotación marxinal, e déixese constancia de tal circunstancia nos autos.

Contra esta sentenza cabe interpor recurso de apelación, no prazo de vinte días desde a notificación desta resolución, ante a Audiencia Provincial.

Así, por esta sentenza, definitivamente xulgado na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E encontrándose o dito demandado, Aniceto Fernández de Carvalho, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma a este.

Vigo, 10 de xullo de 2015

A secretaria xudicial