Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Mércores, 29 de xullo de 2015 Páx. 31655

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social, Sección Primeira)

EDICTO (1404/2015).

Nº de recurso: recurso de suplicación 1404/2015/BC

Xulgado de orixe/autos: despedimento/cesamentos en xeral 541/2014

Xulgado do Social número 2 de Ourense

Recorrente: Alberto Lusquiños Martínez

Avogada: Celia Pereira Porto

Recorridos: Logística Ourense, S.L., Logística Nusa, S.L.

Eu, M. Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sección Primeira desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 1404/2015 desta sección, seguido por instancia de Alberto Lusquiños Martínez contra as empresas Logística Ourense, S.L. e Logística Nusa, S.L., sobre despedimento disciplinario, se ditou resolución, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Resolvo que, desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación letrada do demandante, Alberto Lusquiños Martínez, contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 2 dos de Ourense, do 22 de xaneiro de 2015, sobre despedimento, contra as empresas demandadas Logística Ourense, S.L. e Logística Nusa, S.L., debemos confirmar integramente a resolución impugnada.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes ao da data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 no canto do 35, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Para que sirva de notificación en legal forma a Logística Ourense, S.L. e Logística Nusa, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 8 de xullo de 2015

A secretaria xudicial