Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Mércores, 29 de xullo de 2015 Páx. 31653

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (1105/2014-MDM).

Tipo e nº de recurso: RSU recurso de suplicación 1105/2014

Xulgado de orixe/autos: seguridade social 626/2013 Xulgado do Social número 2 de Vigo

Recorrente: Alfonso Rodríguez Nieto

Avogada: María Eugenia Mallo Abalde

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Asepeyo, Mutua de A.T. e E.P. da Seguridade Social número 151, Fraternidade Muprespa, Aplinaval Pinturas e Instalaciones, S.L., Servinaval

Avogado/a: Serv. Jurídico Seg. Social, Balbino Irisarri Castro, Juan Carlos Vázquez García

Yo, María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 1105/2014 desta sección, seguidos por instancia de Alfonso Rodríguez Nieto contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Asepeyo, Mutua de A.T. e E.P. da Seguridade Social número 151, Fraternidade Muprespa, Aplinaval Pinturas e Instalaciones, S.L., Servinaval, sobre accidente de grao, se ditou sentenza de data do 8 de xullo de 2015, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Dedicimos: desestimando o recurso de suplicación articulado por Alfonso Rodríguez Nieto contra a sentenza do Xulgado do Social número 2 de Vigo, de data do 4 de decembro de 2013, en autos nº 626/2013, sobre incapacidade permanente derivada de accidente de traballo, instados por aquel fronte ao Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a Mutua La Fraternidad, a Mutua Asepeyo e as empresas Aplinaval Pinturas e Instalaciones, S.L. e Servinaval, S.L., confirmamos a resolución de instancia. Notifíquese a presente resolución ás partes e ao Ministerio Fiscal. Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que debe prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá efectuar: – O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37 seguida de catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano deste. – Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma. – Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).– Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo da devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia. Así por a esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Aplinaval Pinturas e Instalaciones, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 8 de xullo de 2015

A secretaria xudicial