Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Mércores, 29 de xullo de 2015 Páx. 31651

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (1442/2014-IP).

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento de recurso de suplicación 1442/2014 desta sección, seguido por instancia de Antonio José Moura Coelho contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social e Europea de Transportes Guerreiro, S.L. sobre recarga de accidente, se ditou a seguinte resolución:

«Decidimos:

Estimando o recurso de suplicación interposto por Antonio José Moura Coelho contra a Sentenza do 14 de xaneiro de 2014 do Xulgado do Social número 4 de Vigo, ditada en xuízo seguido por instancia do recorrente contra a entidade mercantil Europea de Transportes Guerreiro, Sociedad Limitada e o Instituto Nacional da Seguridade Social, a sala revógaa e, estimando parcialmente a demanda reitora de actuacións, declaramos o dereito de Antonio José Moura Coelho a unha recarga de prestacións en contía do 30 % e condenamos ao seu aboamento, nos termos e nas condicións legal e regulamentariamente previstas, á Entidade Mercantil Europea de Transportes Guerreiro, Sociedad Limitada. Declararase absolvido, ao non lle alcanzar ningunha responsabilidade, ao Instituto Nacional da Seguridade Social.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 euros na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37 seguida de 4 díxitos correspondentes ao número do recurso e 2 díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de 20 díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia no rolo que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Europea de Transportes Guerreiro, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

A Coruña, 8 de xullo de 2015

A secretaria xudicial