Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Mércores, 29 de xullo de 2015 Páx. 31649

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 374/2014-AN).

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 374/2014-AN, seguido por instancia da Tesouraría Xeral da Seguridade Social contra a Avogacía do Estado Cons. Comp. Seguros, Disvifan, S.L., Blanca Dora Noreña de Salazar, Manuel Iglesias Simon, Rumilda Pastora Ayala Estigarribia, Yohana Moreno Sanabria, Tulibeth Fuenmayor Quevedo, Pablina Elizabeth Sanabria Cañete, Andrea Poledna, Brenda Wilson, Luz Elena Dondoña Holguin, Nélida Rafaela González Sánchez, Esmarlyn Henríquez, Larubia Rozado Costa da Silva, Liliana Concepción Mareco Santa Cruz, Felicinda Sánchez Rosendo, María Helena Luiza da Silva, Norma Alejandra Benítez, Stella Osagie, Ver_PDF, Mariana Costache, Gloria Elena Abonce Mosquera, sobre outros dereitos laborais, se ditou con data 8 de xullo de 2015 a seguinte resolución que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Decidimos: desestimando o recurso de suplicación interposto pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social contra a Sentenza do 11 de outubro de 2013 do Xulgado do Social número 1 de Vigo, ditada en procedemento de oficio seguido por instancia da recorrente, a Sala confírmaa integramente.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++)».

E para que así conste para os efectos da súa publicación no DOG, co fin de que lles sirva de notificación en legal forma a Disvifan, S.L., Blanca Dora Noreña de Salazar, Rumilda Pastora Ayala Estigarribia, Yohana Moreno Sanabria, Tulibeth Fuenmayor Quevedo, Pablina Elizabeth Sanabria Cañete, Andrea Poledna, Brenda Wilson, Luz Elena Dondoña Holguin, Nélida Rafaela González Sánchez, Esmarlyn Henríquez, Larubia Rozado Costa da Silva, Liliana Concepción Mareco Santa Cruz, Felicinda Sánchez Rosendo, María Helena Luiza da Silva, Norma Alejandra Benítez, Stella Osagie, Ver_PDF, Mariana Costache, Gloria Elena Abonce Mosquera, en ignorado paradoiro, con último domicilio coñecido en Alto do Confurco, 1, Ponteareas, Pontevedra, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino a presente

A Coruña, 8 de xullo de 2015

A secretaria xudicial