Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Luns, 27 de xullo de 2015 Páx. 31161

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (363/2011).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento de Seguridade Social 363/2011 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Francisco Enríquez Romay contra a empresa José Rodríguez Olveira, Instituto Nacional da Mariña, sobre seguridade social, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

Decido que estimando parcialmente a demanda interposta por Francisco Enríquez Romay contra o Instituto Social da Mariña, debo condenar e condeno o ISM ao recoñecemento e aboamento da pensión de xubilación do demandante no importe resultante de aplicar unha porcentaxe do 84 % á base reguladora de 529,37 euros, pro rata temporis de 23,12 %, con efectos económicos da revisión o 25.10.2010, todo isto sen prexuízo das melloras e revalorizacións que legal e regulamentariamente lle correspondan ata a data de efectos económicos recoñecida e dos complementos a mínimos e/ou por residencia a que poida ter dereito o demandante; con absolución do demandado José Rodríguez Olveira das peticións deducidas na súa contra.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución e fágaselles saber que fronte a ela cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de cinco días contados a partir da súa notificación (artigo 191.3.c LRXS).

A anterior resolución entregaráselle ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a José Rodríguez Olveira, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2015

A secretaria xudicial