Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Luns, 27 de xullo de 2015 Páx. 31159

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (140/2015).

Execución de títulos xudiciais 140/2015

Procedemento de orixe: procedemento ordinario 540/2014

Sobre ordinario

Demandante: Carmelo Señoráns Padín

Avogada: Victoria Garrido Zalaya

Demandados: Gaesco, S.L., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa)

Alberto López Luengo, secretario xudicial do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fai saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 140/2015 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Carmelo Señoráns Padín contra a empresa Gaesco, S.L., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

Dispoño despachar orde xeral de execución de sentenza a favor da parte executante, Carmelo Señoráns Padín, fronte a Gaesco, S.L., parte executada, por importe de 8.409,27 euros en concepto de principal, máis outros 840,92 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

O presente auto, xunto co decreto que ditará o secretario xudicial, e copia da demanda executiva, serán notificados simultaneamente á parte executada, tal e como dispón o artigo 553 da LAC, quedando a executada apercibida para os efectos mencionados nos razoamentos xurídicos terceiro e cuarto desta resolución, e conforme dispoñen os artigos 251.2 e 239.3 da LXS.

Para dar efectividade ás medidas concretas solicitadas, acordo:

– Requirir a Gaesco, S.L., co fin de que no prazo de dez días manifeste relacionadamente bens e dereitos suficientes para cubrir a contía da execución, con expresión, de ser o caso, das cargas e gravames, así como, no caso de inmobles, se están ocupados, por que persoas e con que título, baixo apercibimento de que, en caso de non verificalo, poderá ser sancionado, cando menos, por desobediencia grave, en caso de que non presente a relación dos seus bens, inclúa nela bens que non sexan seus, exclúa bens propios susceptibles de embargo ou non desvele as cargas e gravames que sobre eles pesen, e poderán impoñérselle tamén multas coercitivas periódicas.

– Consultar as aplicacións informáticas do órgano xudicial para a pescuda de bens do executado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Gaesco S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 7 de xullo de 2015

O secretario xudicial