Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Luns, 27 de xullo de 2015 Páx. 31163

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (80/2012).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 80/2012 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Ana Sanmartín López contra TV Siete Productora de Vídeo, S.L., Foto Sergio y Logavideo, S.L., Vídeo Voz TV, S.A., Producciones 52 Andalucía, S.L., Vedior Trabajo Temporal ETT, Gestmusic Endemol, S.A. Unipersonal, Aldea Films, S.L., Televisión de Galicia, S.A., Compañía de Radio Televisión de Galicia, S.A. (CRTVG), se ditou sentenza cuxa decisión di literalmente:

«Que estimando a demanda interposta por Ana Sanmartín López contra Televisión de Galicia, S.A., Compañía de Radio Televisión de Radio Televisión de Galicia, Televisión de Galicia, S.A., Vedior Trabajo Temporal ETT, S.A., Foto Sergio y Logavideo, S.L., TV Siete Productora de Vídeo, S.L., Vídeo Voz TV, S.A., Producciones 52 Andalucía, S.L., Gestmusic Endemol, S.A.U., Aldea Films, S.L. efectúo os pronunciamentos seguintes:

1. Que os contratos de traballo subscritos entre Ana Sanmartín López e as empresas demandadas se subscribiron de forma fraudulenta, incorrendo en cesión ilegal de traballadores e sucesión fraudulenta de contratos temporais e, en consecuencia, que a actual relación laboral da demandante con Televisión de Galicia, S.A. ten natureza indefinida, con antigüidade do 24 de novembro de 1995, e categoría profesional de redactora.

2. Que debo condenar e condeno a todas as mercantís demandadas a estar e pasar pola anterior declaración, e debo condenar e condeno a Televisión de Galicia, S.A. a aboarlle á demandante a suma de 9.782,08 euros polas diferenzas salariais e complemento de capacitación e permanencia do período que abrangue desde novembro de 2010 a decembro de 2011, ambos os dous inclusive, e as diferenzas que se continuasen percibido desde o mes de xaneiro de 2012 ata a actualidade, considerando iguais parámetros de antigüidade e categoría profesional, ata a total regularización do salario da demandante conforme os devanditos parámetros, con desconto do que veu aboándolle Televisión de Galicia, S.A. á demandante en concepto de complemento de capacitación e permanencia desde o mes de abril de 2014, máis os intereses do artigo 29.3 do ET respecto das devanditas cantidades desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución e ata o completo pagamento.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución facéndolles saber que fronte a esta cabe recurso de suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación».

E para que sirva de notificación en legal forma a Producciones 52 Andalucía, S.L. e Aldea Films, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2015

A secretaria xudicial