Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Venres, 24 de xullo de 2015 Páx. 30977

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (PO 257/2013).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 257/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ángel Esperante Moledo contra a empresa Manuel Arcos Ferreiro S.L., Fogasa, sobre ordinario, se ditou sentenza cuxo encabezamento e decisión din:

Sentenza:

A Coruña, 1 de xullo de 2015.

Jorge Hay Alba, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, despois de ver os presentes autos seguidos neste xulgado co número 257/2013, sendo parte neste, dun lado como demandante, Ángel Esperante Moledo, representado polo letrado Domingo Cives Beiro, e como demandado Manuel Arcos Ferreiro, S.L., que non comparece, con intervención procesual do Fogasa, que non comparece, sobre salarios, pronunciou en nome da súa maxestade o rei a seguinte sentenza.

Decisión:

Que, estimando a demanda interposta polo demandante Ángel Esperante Moledo, debo condenar e condeno a empresa Manuel Arcos Ferreiro, S.L. a que lle aboe ao demandante a cantidade de 7.666,82 euros polos conceptos reclamados en demanda, máis o xuro do 10 % por mora respecto da cantidade salarial.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás cales se fará saber que contra esta só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentenza, e no propio termo se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá ao anunciar o recurso entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banco de Santander desta cidade.

E igualmente deberá no momento de interpor o recurso consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Manuel Arcos Ferreiro, S.L., expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 1 de xullo de 2015

A secretaria xudicial