Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Venres, 24 de xullo de 2015 Páx. 30979

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (1050/2012).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 1050/2012, por instancia de Marta Martínez Vila contra a empresa Inka Time, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre cantidade, en que se ditou sentenza con data do 29 de xuño de 2015 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Decido:

Estímase a demanda interposta por Marta Martínez Vila contra a entidade Inka Time, S.L. con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

Condénase a empresa Inka Time, S.L. a aboar á demandante a cantidade de tres mil setenta e oito euros con corenta e oito céntimos (3.078,48 euros).

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante, dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Inka Time, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 6 de xullo de 2015

A secretaria xudicial