Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Venres, 24 de xullo de 2015 Páx. 30980

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (1054/2012).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 1054/2012 por instancia de Celestino Roel Bao e Ramón Varela Cancela contra as empresas Consultoras de Anclajes y Sondeos Especiales, S.L. e Tracim, S.L. (desistida) e o Fondo de Garantía Salarial, sobre cantidade, nos cales se ditou sentenza en data 29 de xuño de 2015, que copiada nos particulares necesarios di así:

Decisión:

Estímase a demanda formulada por Celestino Roel Bao e Ramón Varela Cancela fronte ás empresas Consultoras de Anclajes y Sondeos Especiales, S.L. e Tracim, S.L. (desistida), con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Condénase a empresa Consultoras de Anclajes y Sondeos Especiales, S.L. a aboarlles aos demandantes as seguintes cantidades:

• A Celestino Roel Bao a cantidade de quince mil setenta e cinco euros con corenta e tres céntimos (15.075,43 euros).

• A Ramón Varela Cancela a cantidade de quince mil setenta e cinco euros con corenta e tres céntimos (15.075,43 euros).

Notifíqueselles a resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, e abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que lle sirva de notificación en forma ás empresas Consultoras de Anclajes y Sondeos Especiales, S.L. e Tracim, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 6 de xullo de 2015

A secretaria xudicial