Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Venres, 24 de xullo de 2015 Páx. 30982

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (1039/2012).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 1039/2012 por instancia de Jesús Manuel López Sánchez, Carlos Díaz López, Antonio Mojon Escarís, Joaquín Antonio Coto Gómez contra a empresa Esabe Vigilancia, S.A. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre cantidade, nos cales se ditou sentenza en data 26.5.2015, que copiada nos particulares necesarios di así:

Decisión:

Estímase a demanda formulada por Jesús Manuel López Sánchez, Carlos Díaz López, Antonio Mojon Escarís, Joaquin Antonio Coto Gómez fronte á empresa Esabe Vigilancia, S.A. e, en consecuencia:

– Condénase a empresa Esabe Vigilancia, S.A. a aboarlles aos demandantes as seguintes cantidades:

• A Jesús Manuel López Sánchez: 3.058,98 euros.

• A Carlos Díaz López: 2.883,86 euros.

• A Antonio Mojon Escarís: 2.883,86 euros.

• A Joaquín Antonio Coto Gómez: 2.791,40 euros.

Notifíqueselles a resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, e abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Esabe Vigilancia, S.A., expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 6 de xullo de 2015

A secretaria xudicial