Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Venres, 24 de xullo de 2015 Páx. 30975

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Vigo

EDICTO (1/2015).

Expediente disciplinario: 1/2015

Funcionario: Gonzalo González Martínez

Instrutora: Pilar Sández González

Secretaria: Ana Isabel Pino García

Pilar Sández González, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Vigo e instrutora do expediente disciplinario 1/2015,

Anuncio:

No presente procedemento disciplinario seguido fronte a Gonzalo González Martínez ditouse resolución cuxo teor literal é o seguinte:

«Feitos:

Neste xulgado recíbese acordo de incoación de expediente disciplinario 1/2015, do 16 de marzo de 2015, da Dirección Xeral de Xustiza, en relación ao funcionario da Administración de xustiza Gonzalo González Martínez, con último destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Marín.

O dito acordo prodúcese ante a posible comisión de falta moi grave por abandono de servizo.

Noméanse como instrutora e secretaria as que figuran na presente resolución.

Fundamentos xurídicos:

Remitido o acordo de incoación de expediente disciplinario e ao non encontrarse a instrutora nin a secretaria en ningunha das causas que impedirían a súa actuación, conforme o A.26 do Real decreto 796/2005, do 1 de xullo, procede, en aplicación do A.28 da mencionada disposición, formar o correspondente expediente de instrución para realizar as probas e actuacións que sexan necesarias para a comprobación dos feitos e responsabilidades que poidan ser susceptibles de sanción. O interesado poderá intervir asistido de avogado ou de representantes sindicais.

En atención ao exposto, acórdase:

Continuar a instrución nos termos establecidos nos artigos 28 e seguintes do Real decreto 796/2005, do 1 de xullo, polo que se aproba o Regulamento xeral de réxime disciplinario do persoal ao servizo da Administración de xustiza.

Iso sobre a base do acordado pola Subdirección de Persoal de Xustiza e dos feitos expostos que se refiren ao abandono do posto de traballo o día 3.2.2003, sen a incorporación posterior a este, o que pode dar lugar á existencia dunha falta moi grave.

Procédase a comunicar a presente resolución a Gonzalo González Martínez co fin de que poida ser oído respecto aos feitos que poden derivar en sanción disciplinaria.

Comuníquese que poderá actuar desde o momento de inicio do expediente asistido de avogado ou dos representantes sindicais que determine, acreditados polo seu sindicato.

Diríxase oficio á Subdirección de Persoal para que comunique a esta instrutora o domicilio que lle conste do funcionario.

Diríxase oficio ao Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Marín e á Delegación de Xustiza co fin de que polo secretario xudicial no primeiro caso e polo funcionario que corresponda no segundo se existe algunha constancia do abandono do posto de traballo desde o 3.2.2003, así como da continuidade da situación ata a data.

Vigo, 30 de marzo de 2015.

Asinado. A instrutora. A secretaria.

E encontrándose Gonzalo González Martínez en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Vigo, 6 de xullo de 2015

A instrutora A secretaria