Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Venres, 24 de xullo de 2015 Páx. 30987

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 242/2014).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 242/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ramiro Alonso Garabal contra Plana Artes Gráficas, S.L., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Providencia da maxistrada xuíza Susana Villarino Moure.

Santiago de Compostela, trece de maio de dous mil quince.

Visto o estado das actuacións e constando en virtude da certificación achegada no acto de xuízo que a empresa demandada se encontra en situación de concurso de acredores, sen ser citado ao acto de xuízo o administrador concursal, con suspensión do prazo para ditar sentenza, acordo dar audiencia ás partes por cinco días para que aleguen sobre unha posible nulidade do acto de conciliación e xuízo.

Dilixencia de ordenación.

Secretaria xudicial: Susana Varela Amboage.

Santiago de Compostela, seis de xullo de dous mil quince.

A anterior notificación dirixida á demandada e devolta con resultado negativo por descoñecida únase.

Remítase nova notificación á demandada ao domicilio sito en Ponte Vidán, 4, 15897 Santiago de Compostela e, para o caso de que resulte negativa, simultaneamente notifíqueselle á demandada por medio de edictos que se inserirán no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Plana Artes Gráficas S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 6 de xullo de 2015

A secretaria xudicial