Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Venres, 24 de xullo de 2015 Páx. 30989

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (181/2011).

Seguridade Social 181/2011

Sobre: Seguridade Social

Demandante: Jesús Nieto Brañas

Procuradora: Yolanda Vidal Viñas

Demandados: Construcciones Rafra, S.L., Mutua Gallega, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS)

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de Seguridade Social 181/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jesús Nieto Brañas contra Construcciones Rafra, S.L., Mutua Gallega, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS), sobre Seguridade Social, se ditou a seguinte resolución:

Providencia da maxistrada xuíza Susana Villarino Moure.

Santiago de Compostela, dezaoito de xuño de dous mil quince.

Con carácter previo a resolver requírase a parte demandante para que en 2 días achegue a sentenza ditada en primeira instancia e en suplicación no procedemento 584/2009 do Xulgado do Social número 1 de Santiago, así como a sentenza ditada en primeira instancia no procedemento 7/2010 do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela.

Dilixencia de ordenación secretaria xudicial Susana Varela Amboage.

Santiago de Compostela, seis de xullo de dous mil quince.

O anterior escrito presentado pola parte demandante xunto coas sentenzas únase aos autos e pasen á súa señoría co fin de ditar a resolución que proceda.

Despois de ser devolta a notificación remitida á demandada Construcciones Rafra, S.L. por ausente na repartición, constando noutros procedementos seguidos ante este xulgado que o local sito no lugar de Bexo 117, Dodro, se encontra pechado (véxase procedemento ETX 184/2014), consúltense as bases de datos informáticas co fin de descubrir novo domicilio desta. Non existindo ningún outro domicilio máis que aquel no que a notificación resultou negativa, notifíquese por medio de edictos que se inserirán no Diario oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Construcciones Rafra, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 6 de xullo de 2015

A secretaria xudicial