Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Venres, 24 de xullo de 2015 Páx. 30985

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1279/2014).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de reforzo da Coruña, fai saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 1279/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Mercedes Villegas Andrino contra Davinci Continental, S.L., Fogasa sobre despedimento, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza: 325/2015.

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: despedimento 1279/2014.

Demandante: María Mercedes Villegas Andrino.

Letrado: Sr. García Vigo.

Demandada: Davinci Continental, S.L.

Letrado: Fogasa.

Sentenza:

A Coruña, 2 de xullo de 2015.

Resolución

1. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por María Mercedes Villegas Andrino fronte á empresa Davinci Continental, S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e a extinción da relación laboral con data desta sentenza. Todo iso con condena da empresa ao aboamento da indemnización detallada no número segundo desta resolución.

2. A indemnización que deberá aboar a empresa demandada, segundo o disposto no número anterior, ascende á cantidade de 7.578,34 euros.

3. O Fogasa deberase ater ao establecido nesta resolución.

Inscríbase esta resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela neste procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes e advírtase de que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se arquivará.

Así o pronuncio, mando e asino. Javier López Cotelo, xuíz do Xulgado do Social de reforzo da Coruña.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna o xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que conste e sirva de notificación a Davinci Continental, S.L., en ignorado paradoiro, expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 2 de xullo de 2015

A secretaria xudicial