Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 22 de xullo de 2015 Páx. 30682

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (319/2014).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 319/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Ángeles López Corral e María Cagiao Torreiro contra a empresa Corte y Textil de Prenda, S.L., Prendourado, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre reclamación de cantidade procedemento ordinario, se ditou a seguinte sentenza cuxa decisión di:

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por María Ángeles López Corral e María Cagiao Torreiro contra as entidades Corte y Textil de Prenda, S.L. e Prendourado, S.L. En consecuencia, debo condenar e condeno as entidades Prendourado, S.L. e Corte y Textil de Prenda, S.L. a que lles aboen ás demandantes as cantidades seguintes, incrementadas no xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais:

– A María Cagiao Torreiro, a cantidade de 2.825,89 € brutos, por salarios dos meses de febreiro, agosto e setembro de 2013, así como a compensación económica polas vacacións non gozadas.

– A María Ángeles López Corral, a cantidade de 1.556,32 € brutos, por salarios dos meses de xullo e agosto de 2013, así como a compensación económica polas vacacións non gozadas.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra esta non cabe interpor ningún recurso. Así, por esta a miña sentenza, pronúnciao, mándao e asínao Pilar Carreira Vidal, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 5 da Coruña.

E para que lle sirva de notificación en legal forma ás empresas Corte y Textil de Prenda, S.L. e Prendourado, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia.

Advírteselles aos destinatarios que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 3 de xullo de 2015

A secretaria xudicial