Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 22 de xullo de 2015 Páx. 30684

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (DSP 352/2015).

DSP despedimento/cesamentos en xeral 352/2015

Sobre: despedimento

Demandante: María Busto Mariño

Demandado: Prohostega, S.L. Medley´s, Fondo de Garantía Salarial

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 352/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Busto Mariño, sobre despedimento, se ditou sentenza cuxa decisión di:

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de resolución de contrato foi interposta por María Busto Mariño contra a entidade Prohostega, S.L. e, en consecuencia, debo declarar e declaro extinguida a relación laboral que vinculaba a María Busto Mariño coa entidade Prohostega, S.L., no día de hoxe (1 de xullo de 2015), e condeno a entidade Prohostega, S.L. ao aboamento dunha indemnización a razón de 626,93 €.

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por María Busto Mariño contra a entidade Prohostega, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Prohostega, S.L. a que lle aboe ao demandante a cantidade de 1.617,98 € brutos por salarios devindicados desde decembro de 2014 a xuño de 2015, así como o xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpor contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que lle sirva de notificación en legal forma á empresa Prohostega, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 3 de xullo de 2015

A secretaria xudicial