Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 22 de xullo de 2015 Páx. 30681

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (239/2014).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 239/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Rosa María Yáñez Gayoso contra Rodríguez Rolán Hermanos, S.L., sobre ordinario, se ditou sentenza cuxa decisión di:

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Rosa María Yáñez Gayoso, contra a entidade Rodríguez Rolán Hermanos, S.L., e en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Rodríguez Rolán Hermanos, S.L., a que lle aboe ao demandante a cantidade de 18.896,07 € líquidos por salarios devindicados entre xullo de 2012 e decembro de 2013, incluíndo as tres pagas extras anuais, e a liquidación da relación laboral incrementadas no xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselle a presente resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpoñer contra ela recurso de suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito perante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Así por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Para que sirva de notificación en legal forma á empresa Rodríguez Rolán Hermanos, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 2 de xullo de 2015

A secretaria xudicial