Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 21 de xullo de 2015 Páx. 30523

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Pública Centro de Transfusión de Galicia

RESOLUCIÓN do 17 de xullo de 2015 pola que se declaran, con carácter provisional, os aspirantes admitidos e excluídos, así como os exentos e non exentos do exercicio de lingua galega, no proceso selectivo para cubrir postos de traballo nesta fundación mediante contratación laboral fixa, convocado pola Resolución do 20 de xaneiro de 2015.

Mediante Resolución do 20 de xaneiro de 2015, da Dirección Técnica desta fundación (Diario Oficial de Galicia nº 56, do 24 de marzo), convocouse un proceso selectivo para cubrir postos de traballo en diversas categorías desta fundación.

Finalizado o prazo de presentación de solicitudes, e de conformidade coa base sexta da resolución de convocatoria, esta dirección técnica, como órgano convocante do proceso,

RESOLVE:

Primeiro. Declarar, con carácter provisional e por categoría, os/as aspirantes admitidos/as e excluídos/as, así como os/as exentos/as e non exentos/as da realización do exercicio de lingua galega, no proceso selectivo para a cobertura de diversas categorías convocado pola Resolución do 20 de xaneiro de 2015.

Segundo. As listas coa relación provisional de admitidos/as e excluídos/as, con indicación do motivo de exclusión, e cos declarados exentos e non exentos da realización do exercicio de lingua galega, poderán examinarse na páxina web do Servizo Galego de Saúde ( www.sergas.es ).

Ademais, o estado de cada solicitude pode consultalo o/a solicitante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos .

Terceiro. As persoas aspirantes excluídas e as declaradas non exentas da realización do exercicio de galego disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para poder emendar, se é o caso, o defecto que motivou a súa exclusión e/ou a declaración de non exento/a da realización de tal exercicio, mediante escrito dirixido á mesma unidade de validación á cal se dirixiu a instancia de participación, que se deberá presentar nun rexistro administrativo ou a través de calquera dos procedementos do artigo 38 da Lei 30/1992.

Disporán do mesmo prazo de reclamación as persoas que, despois de presentaren debidamente solicitude de participación no proceso, non consten como admitidas nin excluídas na relación publicada.

Cuarto. A estimación ou desestimación das solicitudes de emenda entenderase implícita na resolución pola cal se aprobe, con carácter definitivo, a relación de admitidos/as e excluídos/as e de exentos/as e non exentos/as do exercicio acreditativo do coñecemento da lingua galega, que se publicará no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2015

Mª Inmaculada Rodríguez Calvo
Directora técnica da Fundación Pública Centro de Transfusión de Galicia