Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 21 de xullo de 2015 Páx. 30522

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Carballeda de Avia

ANUNCIO de exposición pública do proxecto de sectorización de solo apto para urbanizar de uso industrial en Portaprado.

Aprobado inicialmente polo Pleno deste concello o proxecto de sectorización de solo apto para urbanizar de uso industrial, en Portaprado, deste termo, en sesión extraordinaria celebrada o día 10 de xullo de 2015, de conformidade co disposto na Lei 2/2010, do 25 de marzo, de medidas urxentes de modificación da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese o expediente a información pública na Secretaría Municipal, durante o prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, co fin de que os interesados poidan presentar as alegacións e reclamacións que coiden oportunas.

Carballeda de Avia, 13 de xullo de 2015

Daniel González Doval
Alcalde en funcións