Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 21 de xullo de 2015 Páx. 30525

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Compañía de Radio-Televisión de Galicia

ANUNCIO polo que se fai pública a declaración de deserto do expediente de contratación 2015000251.

1. Entidade adxudicadora: Compañía de Radio-Televisión de Galicia.

2. Obxecto do contrato: servizo de cafetaría e restauración nas instalacións do centro emisor da Compañía de Radio-Televisión de Galicia (CRTVG) e Televisión de Galicia, S.A. (TVG) en Bando-San Marcos, Santiago de Compostela.

3. Orzamento base de licitación: estimado de 121.000 euros, sen IVE.

4. Prazo de execución: dous anos (con posibilidade de prórroga de dous anos máis).

5. Tramitación: ordinaria, documentalmente simplificada.

6. Procedemento: aberto.

7. Data de publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia: 4 de xuño de 2015.

8. Data de resolución da declaración de deserto: 25 de xuño de 2015.

Santiago de Compostela, 30 de xuño de 2015

Miguel Rodríguez Barrio
Director xerente de Planificación e Administración Xeral
da Compañía de Radio-Televisión de Galicia e Televisión de Galicia, S.A.