Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 14 de xullo de 2015 Páx. 29294

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Betanzos

EDICTO de notificación de sentenza (90/2012).

Nos autos de divorcio contencioso número 90/2012, seguidos por instancia da procuradora Amparo Cagiao Rivas, en nome e representación de Nancy Ramírez Aberláez, contra Hugo Poveda Penagos, foi ditada con data 20.6.2013 sentenza que contén o encabezamento e parte dispositiva que literalmente din:

«Sentenza: 00078/2013.

Procedemento: divorcio contencioso nº 90/2012.

En nome de súa maxestade o Rei

María Piñeiro Garabana, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Betanzos e o seu partido xudicial, ditou a seguinte:

Sentenza:

Betanzos, 20 de xuño de 2013.

Vistos por María Piñeiro Garabana, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Betanzos, os autos do xuízo de divorcio contencioso 90/2012 en que son partes, ademais do Ministerio Fiscal, a demandante Nancy Ramírez Aberláez, representada pola procuradora dos tribunais Sra. Cagiao Rivas e asistida polo letrado Sr. Lorenzo Martínez, e o demandado Hugo Poveda Penagos, en situación de rebeldía procesual,

Resolvo:

Estimando a demanda interposta por Nancy Ramírez Aberláez, representada pola procuradora dos tribunais Sra. Cagiao Rivas e asistida polo letrado Sr. Lorenzo Martínez, contra o demandado Hugo Poveda Penagos, en situación de rebeldía procesual, debo declarar e declaro o divorcio do matrimonio celebrado no día 20 de xaneiro de 2006 na República Dominicana entre Nancy Ramírez Aberláez e Hugo Poveda Penagos.

Acórdanse as seguintes medidas:

A patria potestade será exercida conxuntamente por ambos os proxenitores.

A garda e custodia das fillas será exercida exclusivamente por Nancy Ramírez Arbeláez.

Réxime de vistas en favor do pai consistente nun período de 15 días consecutivos á escolla entre os meses de xullo e agosto, que deberá comunicar á nai por conduto que faga fe cun mínimo de 30 días de anticipación, ao domicilio desta que, pola súa vez, constituirá o lugar de recolla e entrega das menores.

O demandado contribuirá coa cantidade de 170 euros mensuais en concepto de alimentos por cada unha das menores, que suman un total de 340 euros. A cantidade será ingresada por anticipado e dentro dos cinco primeiros días de cada mes na conta que para o efecto designe a demandante. A pensión será actualizada cada ano mediante a aplicación á cifra que en cada momento deba aboarse do IPC anual elaborado polo INE ou índice que o substitúa.

Os gastos extraordinarios das menores serán satisfeitos por ambos os cónxuxes por metade e partes iguais.

Non se fai imposición de custas a ningunha das partes.

Notifíquese esta resolución ás partes.

Esta resolución non é firme. Contra ela cabe recurso de apelación que deberá interporse neste xulgado no prazo de vinte días contados desde o seguinte á súa notificación.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola xuíza que a subscribe, celebrando audiencia pública no día da súa data, ante min, a secretaria. Dou fe».

E en cumprimento do acordado, para a súa publicación no DOG, e para que sirva de notificación en forma ao demandado rebelde Hugo Poveda Penagos, expídese o presente edicto.

Betanzos, 30 de marzo de 2015

A secretaria