Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 14 de xullo de 2015 Páx. 29296

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución de Chantada

EDICTO de notificación de sentenza (191/2013).

Denise Romero Barciela, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Chantada,

Anuncio:

No presente procedemento de divorcio nº 191/2013 seguido por instancia de Ana María Vázquez Pascual contra Kashif Kamal foi ditada sentenza, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Acordo:

1º. A disolución do matrimonio formado por Ana María Vázquez Pascual e Kashif Kamal.

2º. A garda e custodia dos fillos comúns atribúese a Kashif Kamal e a patria potestade fica compartida.

3º. Atribúese a favor de Ana María Vázquez Pascual un réxime de visitas consistente en poder ter na súa compañía os fillos do matrimonio polo menos unha vez ao ano, ben en España ou en Paquistán. Poderá comunicarse cos seus fillos cando poida, respectando o cambio horario e as tarefas dos fillos.

4º. Ana María Vázquez Pascual deberá aboar en concepto de alimentos para os fillos menores a cantidade do 10 por cento dos seus ingresos cando os tiver propios.

Non se fai imposición de custas a ningunha das partes.

Modo de impugnación: recurso de apelación, que se interporá ante o tribunal que ditase a resolución que se impugne dentro do prazo de vinte días contados desde o día seguinte á notificación daquela. O dito recurso carecerá de efectos suspensivos, sen que en ningún caso proceda actuar en sentido contrario ao resolto (artigo 456.2 LAC).

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza».

E encontrándose o devandito demandado, Kashif Kamal, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Chantada, 19 de decembro de 2014

A secretaria xudicial