Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 14 de xullo de 2015 Páx. 29298

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (115/2013).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos co número 115/2013 por instancia de Mutua Gallega contra a empresa Ambar Obras Inmobiliarias, S.L., o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, sobre cantidade, nos cales se ditou sentenza o 21 de maio de 2015 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Resolución:

Estímase parcialmente a demanda interposta por Mutua Gallega fronte ao Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a empresa Ambar Obras Inmobiliarias, S.L. e, en consecuencia, condénase a empresa Ambar Obras Inmobiliarias, S.L. a aboar a Mutua Gallega, como responsable directa, a cantidade de mil douscentos corenta e nove con corenta e un euros (1.249,41 euros), con responsabilidade subsidiaria do INSS e da TXSS, respecto dos gastos por asistencia sanitaria, por importe de oitocentos vinte e nove con trinta e sete euros (829,37 euros) para o caso de insolvencia da anterior.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra esta non cabe recurso de suplicación por razón da contía, sen prexuízo dos demais motivos previstos no artigo 191 da LRXS.

A competencia para coñecer o recurso de suplicación corresponderá, se é o caso, ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, debendo anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Ambar Obras Inmobiliarias, S.L. expido e asino este edicto.

A Coruña, 25 de xuño de 2015

A secretaria xudicial