Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 14 de xullo de 2015 Páx. 29292

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 3 de xullo de 2015 pola que se integra no corpo de profesores titulares de universidade a Juan Bosco Ferreiro Darriba.

A Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril (BOE do 13 de abril), pola que se modifica a Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, na súa disposición adicional segunda, dispón o seguinte:

«1. Os profesores titulares de escola universitaria que, no momento da entrada en vigor desta lei, posúan o título de doutor ou o obteñan posteriormente, e se acrediten especificamente no marco do previsto polo artigo 57, accederán directamente ao corpo de profesores titulares de universidade, nas súas propias prazas. Para a acreditación de profesores titulares de escola universitaria valorarase a investigación, a xestión e, particularmente, a docencia».

«3. Os que non accedan á condición de profesor titular de universidade permanecerán na súa situación actual mantendo todos os seus dereitos e conservando a súa plena capacidade docente e, de ser o caso, investigadora».

Así mesmo, a disposición adicional décima establece que:

«Os/as que resulten habilitados ou habilitadas conforme a regulación correspondente contida na Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e na súa normativa de desenvolvemento, entenderase que posúen a acreditación regulada na reforma da dita lei orgánica realizada por esta lei».

Unha vez comprobado o cumprimento polo interesado dos requisitos establecidos consonte o disposto nas citadas disposicións adicionais, e en uso das atribucións conferidas ao meu cargo pola Lei orgánica de universidades, e o Decreto 14/2014, do 30 de xaneiro (DOG do 12 de febreiro), polo que se aproban os estatutos da Universidade de Santiago de Compostela, resolvo o seguinte:

Queda integrado no corpo de profesores titulares de universidade o funcionario do corpo de profesores titulares de escola universitaria, pertencente a esta universidade, que se relaciona a seguir, que queda adscrito ao mesmo departamento, área de coñecemento e centro en que estivese no seu corpo de orixe:

Apelidos e nome

DNI

Área de coñecemento

Data de efectos da integración

Ferreiro Darriba, Juan Bosco

33310050R

Matemática Aplicada

13.2.2015

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente poderase interpor recurso de reposición, ante o reitor da Universidade de Santiago de Compostela, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da dita publicación, caso en que non se poderá interpor o recurso contencioso-administrativo antes mencionado ata que sexa resolto expresamente ou se producise a desestimación presunta do de reposición, conforme o previsto nos artigos 116 e 117 da LRX-PAC.

Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2015

Juan Manuel Viaño Rey
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela