Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 13 de xullo de 2015 Páx. 29077

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 10 de xuño de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello de Ames (expediente IN407A 2014/136-1).

Expediente: IN407A 2014/136-1.

Promotor: Central Eléctrica Industrial, S.L.U.

Instalación: punto fronteira Unión Fenosa con centro de seccionamento O Souto Fernande.

Concello: Ames.

Feitos.

1. O 22 de setembro de 2014 o promotor solicitou a autorización administrativa previa, autorización administrativa de construción e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica indicada.

2. Características técnicas.

11 metros de liña de media tensión aérea de 20 kV en condutor LA-56, con orixe no apoio existente HV-1500/12 da liña SNT821 e final no apoio proxectado.

Apoio HV-1000/R11 con paso de aéreo a subterraneo.

17 metros de liña de media tensión subterránea de 20 kV en condutor RHZ1-2OL-12/20 kV-3×150 Al KAL+H16, con orixe no paso de aéreo a subterráneo (proxectado) e fin no centro de seccionamento (existente que se instalará nunha nova localización).

Traslado de centro de seccionamento existente (expediente IN407A 09/510) que se instalará nunha nova localización.

O orzamento da instalación segundo o proxecto é de 12.771,74 €.

3. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante resolución publicada nos seguintes medios:

– Resolución de información pública: 11 de novembro de 2014.

– DOG: 23 de decembro de 2014.

– BOP: 26 de novembro de 2014.

– Xornal La Voz de Galicia: 29 de decembro de 2014.

– Taboleiro de anuncios do concello: do 17 de decembro ao 30 de decembro de 2014.

Ao mesmo tempo realizáronse notificacións individuais aos titulares que figuran na relación de bens e dereitos afectados.

No certificado de exposición pública do concello non se indica que se formulasen alegacións.

4. Durante o período en que se someteu ao trámite de información pública foron presentadas as seguintes alegacións.

• José Gesto Noya, mediante escrito recibido o 15 de decembro de 2014, solicita a oposición á declaración de utilidade pública da leira da súa propiedade alegando en síntese o seguinte:

– Existen outras alternativas con menos impacto ambiental e menos prexuízos para as propiedades privadas.

– Non consta que se teña realizado ningún estudo de impacto ambiental.

Destas alegacións deuse traslado ao promotor, que contestou:

• Escrito recibido o 28 de xaneiro de 2015, en que se valoran as alegacións presentadas por José Gesto Noya, e onde, en síntese, manifesta o seguinte:

– A solución alternativa proposta afectaría os propietarios doutras parcelas, dada a imposibilidade de albergar a totalidade da instalación na parcela nº 122.

– As instalacións proxectadas non están comprendidas no Real decreto 1/2008, do 11 de xaneiro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de avaliación de impacto ambiental de proxectos.

5. Solicitouse o preceptivo informe aos seguintes organismos.

– Concello de Ames: non consta informe, polo que se entende a conformidade coa instalación.

6. Os servizos técnicos da xefatura territorial emitiron informe favorable sobre a dita solicitude.

Consideracións legais e técnicas.

1. Lexislación de aplicación:

– Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 16, do 19 de xaneiro, e BOE núm. 30, do 4 de febreiro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguranza en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo).

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguranza en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).

– Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o regulamento electrotécnico para baixa tensión (BOE núm. 224, do 18 de setembro).

– Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).

– Decreto 36/2001, do 25 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 34, do 16 de febreiro).

– Decreto 235/2012, do 5 de decembro, que fixa a estrutura orgánica da Vicepresidencia e das consellerías da Xunta de Galicia (DOG núm. 233, do 7 de decembro).

– Decreto 110/2013, do 4 de xullo, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 140, do 24 de xullo), modificado polo Decreto 116/2014, do 11 de setembro (DOG núm. 183, do 25 de setembro).

Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

2. Na visita de campo realizada para examinar o lugar das instalacións non se apreciou, nas leiras sometidas a expropiación, ningunha das limitacións á constitución da servidume indicadas no artigo 58.a) da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

3. En relación coas alegacións formuladas por José Gesto Noya, e coas manifestacións de Central Eléctrica Industrial, S.L.U. cómpre sinalar:

• Que non procede atender a solicitude realizada por José Gesto Noya, polo seguinte:

– A solución proposta crearía afeccións a novas parcelas de particulares, dada a imposibilidade de albergar a totalidade da instalación na parcela nº 122, en concreto ás parcelas 99 (da cal é titular o propio reclamante), 122, 123, 124 e 148.

– Non se incorporou a conformidade dos titulares das parcelas afectadas coa solución alternativa proposta.

– O punto 1.5.1 da ITC-LAT 7 do Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguranza en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 dispón: «As liñas eléctricas aéreas estudaranse seguindo o trazado que considere máis conveniente o autor do proxecto, no seu intento de lograr unha solución óptima para o conxunto da instalación, axustándose, en todo caso, ás prescricións que esta instrución establece».

– As instalacións proxectadas non están comprendidas na Lei 21/2013, de 9 de decembro, de avaliación ambiental.

4. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o indicado,

Resolvo:

1. Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da instalación eléctrica.

2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir da data de ocupación dos terreos.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados, e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberase presentar ante esta xefatura territorial unha solicitude que se acompañará da seguinte documentación:

– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.

– Un certificado do director da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas para a montaxe da instalación e posta a punto.

4. Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que foren de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial a relativa á ordenación do territorio e o ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación nos termos establecidos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 10, do 14 de xaneiro), sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.

A Coruña, 10 de xuño de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña